NOVA LEI DE RESIDUOS
Botellas / Imaxe:www.laregion.net
O Congreso dos Deputados está a punto de aprobar a nova Lei de Residuos. Unha das principais novidades da norma é a posibilidade de que se poda poñer en marcha un sistema de depósito de envases, como o que funcionaba coas botellas retornables nos anos 80: págase unha fianza ao mercar un envase e o establecemento devólveche os cartos se llo entregas baleiro. Eso si, para poder facelo teríase que demostrar a viabilidade económica do sistema.
Trala súa recente aprobación no Senado, o representante do Ministerio confía en que a nova lei estará aprobada polo Congreso dos Deputados antes de agosto. Segundo o mesmo, os obxectivos son a prevención e invertir a tendencia actual de aumento na xeneración de residuos e, tamén, evitar que unha porcentaxe aínda elevada de residuos vaia ao vertedeiro.
A aprobación da lei non quere dicir que se poñe en marcha de forma inmediata o sistema de depósito de envases. Sen embargo, que o texto contemple a posibilidade de instauralo (en caso de que se demostre a "viabilidade técnica, ambiental e económica para España") xa xerou un encendido debate entre consumidores, comerciantes, administracións e xestores de residuos.
Estarías disposto a pagar 25 céntimos de euro (que logo che devolverán) por cada botella ou lata para garantir o seu reciclado?
En España, cada ano xéranse 556 quilogramos de residuos domésticos por habitante, fronte á media europea de 508. En materia de reciclado, España recicla unha media de 86 quilogramos por habitante e ano, mentres que a media da UE é de 119 quilogramos.
O debate está servido!
FONTE: El Mundo
0 comentarios