Facebook Twitter Google +1     Admin

UN TRAGALUMES CÓSMICO

Publicado: 28/09/2013 09:41 por vgomez en CURIOSIDADES
20130916191952-c2fireball-prev.jpg

Intensa explosión solar / Imaxe:soho.nascom.nasa.gov

Esta imaxe coloreada móstranos unha "exección de masa coronal", unha poderosa labarada de plasma emitida polo Sol que recorda a un dragón cuspindo lume.

A atmosfera do Sol, a coroa, expulsa estas inmensas nubes de plasma magnetizado cara ao espazo interplanetario. As execcións de masa coronal están compostas por millóns de toneladas de gas, e afástanse do Sol a varios millóns de quilómetros por hora.

O
satélite SOHO  tomou esta imaxe o 4 de xaneiro de 2002. As distintas cores representan a intensidade da exección: a cor branca sinala as rexións de maior intensidade, o vermello/alaranxado as que presentan un valor intermedio, e o azul as máis débiles.

No centro da imaxe superpúxose unha fotografía do Sol na banda do ultravioleta extremo para indicar o tamaño e a distribución das súas rexións activas aquel día.

O disco azul que rodea ao Sol serve para bloquear a súa luz directa e así poder estudar os detalles da coroa.

Cando estas nubes de plasma alcanzan o noso planeta poden desencadear impresionantes espectáculos de luz sobre os polos, as auroras. As máis intensas provocan tormentas xeomagnéticas, que causan apagamentos ou interrupcións nas telecomunicacións.

Esta imaxe foi publicada na colección " 
The Sun ás Art " de SOHO no ano 2002.

FONTE: esa.in

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.