Facebook Twitter Google +1     Admin
20131009065643-naiad-recovery-nayade.jpg

Náyade, o punto de luz á esquerda de Neptuno, nunha imaxe do Hubble / SETI

A lúa máis interna de Neptuno , a pequena Náyade, de 100 km de ancho, foi descuberta polas cámaras da sonda Voyager 2 en 1989. Despois, perdeuse o seu rastro, oculta polo brillo do planeta. Agora, investigadores do Instituto SETI en Mountain View, California, conseguiron observala por primeira vez dende entón. Anunciárono na reunión anual da División de Ciencias Planetarias da Sociedade Astronómica Americana que se celebra estes días en Denver (Colorado, EUA).

Dende a Terra, Neptuno é 2 millóns de veces máis brillante que Náyade, e ambos os dous están moi xuntos, separados só por un segundo de arco. O equipo de astrónomos tivo que desenvolver novas técnicas para eliminar o cegamento de Neptuno ata que Náyade foi revelada finalmente, movéndose a través dunha secuencia de oito imaxes tomadas en decembro de 2004.

Estrañamente, Náyade parece terse desviado significativamente do seu curso. Os astrónomos están perplexos polo feito de que a lúa está moi por diante da súa posición orbital prevista. Pregúntanse se as interaccións gravitacionais con outra das lúas de Neptuno puideron causar a súa aceleración, aínda que os detalles seguen sendo un misterio. Os astrónomos recoñecen que se necesitan máis observacións para entender o movemento de Náyade.

Tamén anunciaron o descubrimento dunha pequena lúa de Neptuno en xullo. Esa lúa, que non ten máis de 20 km de ancho, recibe o nome provisional de S/2004 N.

FONTE: Xornal abc/ciencia 

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.