TUTATIS ACHÉGASE Á TERRA
Imaxe de Tutatis / JPL
Tutatis (Toutatis), un asteroide moi ben coñecido polos astrónomos, achegarase á Terra mañá, mércores 12 de decembro. A impresionante rocha, do tamaño dunha montaña e duns 5 km de diámetro (en comparación, o asteoide que destruíu aos dinosauros medía 10 km), non supón ningún perigo, xa que na súa máxima aproximación, que sucederá minutos antes das oito da mañá, situarase a 6,9 millóns de quilómetros do noso planeta (18 distancias lunares), unha distancia que pode deixarnos tranquilos.
Non é a primeira vez que pasa a saudarnos. En realidade, faino cada catro anos por estas datas e noutras visitas aproximóusenos moito máis. Por exemplo, en 2004 tivémolo a tan só 1,55 millóns de quilómetros, cando mesmo puido verse con pequenos telescopios, algo tan extraordinario que non se repetirá ata 2652.
4179 Tutatis, nome do deus galo da guerra e os pobos, foi descuberto por Christian Pollas en Caussols (Francia) en xaneiro de 1989. Pola súa proximidade, foi cualificado como un «obxecto próximo á Terra» (NEO, Near Earth Object), cunha traxectoria orbital «excéntrica», que o leva ata o cinto de asteroides, entre as órbitas de Marte e xúpiter, no seu máximo afastamento do Sol e preto da órbita terrestre durante o seu perihelio, cando está máis preto do Astro rei.
Desta vez non é a findo mundo!
FONTE: Xornal abc/Ciencia
0 comentarios