Blogia
vgomez
Prueba Amazon Prime 30 días gratis

CUMIO DO CLIMA DE DOHA

CUMIO DO CLIMA DE DOHA

Cumio do Clima das Nacións Unidas de Qatar / Imaxe:efeverde.com

O pasado martes chegaron a Doha, Qatar , máis dun cento de ministros de distintos países para asistir ao Cumio do Clima das Nacións Unidas (ONU) e asinar un novo acordo mundial sobre o clima. O Cumio, que comezou o pasado 26 de novembro, reuníu os equipos negociadores de 194 países que tiñan como un dos principais puntos de fricción a cuestión da asistencia financeira aos países en desenvolvemento, particularmente vulnerables ao cambio climático. O segundo punto máis importante nas discusións de Doha foi a extensión do Protocolo de Kioto, ata o momento o único instrumento legal vinculante para os países industrializados, a excepción de Estados Unidos que non ratificou reducir as súas emisións de gases de efecto invernadoiro.

Pero o venres, rematado o prazo do cumio, non se chegara a acordos. Fóra de días, as reunións intensificáronse o sábado coa fin de acadar un acordo de mínimos e parce que así foi: Prórrogar ata 2020 o período de compromiso do Protocolo de Kioto, que expiraba este ano.

O acordo, coñecido como Porta Climática de Doha, supón prorrogar Kioto oito anos. Non obstante, Rusia, Xapón e Canadá, entre outros, non accederon a este novo compromiso, co que as emisións de CO2 dos participantes supoñen agora apenas o 15% das emisións globais.


O acordo alcanzado en Doha apraza ademais ata 2013 as negociacións sobre a demanda dos países en vías de desenvolvemento, que esixen maiores doazóns para axudalos a frear as emisións de gases de efecto invernadoiro.

Todas as delegacións presentes en Doha recoñeceron que o acordo final non satisfai as recomendacións dos científicos, que pedían medidas drásticas para evitar un quentamento que está a provocar ondas de calor, inundacións, secas ou a suba dos niveis do mar.

O noso planeta pasará factura!

0 comentarios