Blogia
vgomez

DÍA DA TERRA 2020

 

Hoxe, mércores 22 de abril, como cada ano, celébrase o Día Internacional da Terra, unha xornada que convida a reflexionar, reivindicar e poñer en marcha mecanismos que axuden a protexer o medio ambiente e reducir os niveis de contaminación que sofre o planeta.

O Día da Terra ten a súa orixe en 1962 cando o senador de EE. UU. Gaylord Nelson convenceu ao entón presidente John F. Kennedy para que se embarcase nun percorrido por varios parques nacionais do país co fin de difundir á sociedade os valores relativos á preservación do medio ambiente. Desde entón, autoridades de distintos países do mundo organizan actos similares e a propia ONU ten un recordo específico para este aniversario conservacionista.

No contexto da pandemia do COVID-19 e a crise climática na que nos atopamos, a natureza está a enviar unha “mensaxe de auxilio”, polo que neste día deberiamos ter presente...

- Unha nova enfermidade infecciosa xorde nos humanos cada 4 meses. O 75% desas enfermidades infecciosas emerxentes proveñen de animais.

-Os ecosistemas sans axúdannos a protexernos das enfermidades porque a diversidade de especies fai máis difícil a propagación de patóxenos.

-Ao redor dun millón de especies animais e plantas atópanse en perigo de extinción.

-Loitar contra o cambio climático e a perda de biodiversidade non só axuda á natureza, senón tamén á saúde humana.

Aprendamos dos erros! Coidemos o noso planeta!

Tamén nesta loita estamos xunt@s!

0 comentarios