UN TREN EXTRATERRESTRE?
Volveu a ocorrer. En diferentes partes do mundo, moitas persoas observaban unha especie de "tren" de luces sucar o ceo. Na era na que calquera ten cámara no móbil, as imaxes non deixaron de propagarse polas redes sociais. As teorías tamén se multiplicaron: Choiva de estrelas inusual? Probas dalgún exército? Extraterrestres? A solución está afastada de todas elas: un novo "batallón" do exército chamado Starlink que SpaceX, a compañía do sempre polémico Elon Musk, propón poñer en órbita para ter a súa propia rede da internet.
Usuarios de redes sociais reportaron desde o domingo estas rechamantes luminarias. Este medio centenar de satélites, que pesan ao redor dos 220 quilos cada un, lanzáronse a pasada semana a bordo dun Falcon 9 (ideado tamén por SpaceX), un foguete reutilizable que conseguía volver a terra e aterrar con éxito despois do seu labor. A partir de aí, os satélites utilizarán os seus propulsores para chegar ata as órbitas previstas e "ingresar nas súas filas". Ata ese momento, serán visibles no ceo debido non a que brillen por se mísmos, senón que o seu material de revestimento reflicte a luz do Sol. Unha sorte de "tren estelar" que se irá afastando cada vez máis ata desaparecer (a primeira ollada).
Todo ten a súa explicación!
FONTE: abc.es/ciencia
0 comentarios