Blogia
vgomez

CANTO SABES DE GALICIA LXIV

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é:

- A Esmorga – E. Blanco Amr

- Merlín e Familia - Álvaro Cunqueiro

- Cousas - Castelao

- Follas Novas – Rosalía de castro

- Que me queres, amor? – Manuel Rivas

- De catro a catro – Manuel Antonio

E imos coa pregunta de hoxe!

64. O príncipe dos túnidos, ese bonito do norte que os científicos chaman  Thunnus Alalunga, ten en Galicia o porto trono deste suculento peixe. Cal é este porto, o máis importante de Galicia e un dos máis importantes do mundo nesta pequería?

- Vigo

- Muros

- Burela

- Corcubión

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es, lavozdegalicia.es Imaxe: gastroactitud.com


 

0 comentarios