Blogia
vgomez

O REDESCUBRIMENTO DA ARAÑA RAPOSO

Araña raposo (Alopecosa fabrilis)  / Mike Waite/surreywildlifetrust.org

A organización Surrey Wildlife Trust (SWT) do Reino Unido observou unha especie de araña que se cría extinta: unha enorme araña raposo (Alopecosa fabrilis). Viron a esta cazadora nocturna arrastrándose nunha área de adestramento do Ministerio de Defensa (MOD) en Surrey, Inglaterra.

Trátase da primeira vez que se ve esta araña desde 1993. O achado, aínda que foi unha sorpresa, non foi accidental, xa que o entusiasta das arañas e membro de SWT, Mike Waite, leva buscándoa moito tempo.

Tras moitos meses, días e horas, finalmente atopou varios machos adultos e unha gran araña raposo femia, que tiña 5,5 centímetros de diámetro, incluídas as súas grandes e  peludas patas.

Estas arañas posúen unha excelente vista grazas a un par de grandes ollos na parte superior da cabeza (dúas á fronte e catro ollos máis pequenos xusto encima da boca). A súa visión é envolvente grazas aos oito ollos repartidos polo cefalotórax.

Esta especie de araña nocturna é moi veloz e destaca pola súa excelente camuflaxe. É un dos membros máis grandes da familia de arañas lobo (que cazan a outras arañas máis pequenas). Fano de noite e perseguen ás súas presas para atrapalas velozmente en lugar de construír unha rede, como a maioría das súas conxéneres. Unha vez apresada a vítima, inxéctanlle un veleno que licua os seus órganos internos.

Trátase, sen dúbida, dun redescubrimento emocionante!

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es/natureza e surreywildlifetrust.org

0 comentarios