Blogia
vgomez

AS MARABILLAS NATURAIS MÁIS ESTRAÑAS DA TERRA V

Continúo coa serie as marabillas naturais máis estrañas da Terra, onde viaxaremos polo mundo natural, que nos amosa formas caprichosas, ecosistemas ancorados en milenios pasados, formas misteriosas,...

Hoxé imos a...

5. A Onda de Arizona (EE. UU.)

É unha formación de arenisca en metade do deserto de Arizona, preto da fronteira con Utah (Estados Unidos), cuxas inverosímiles feituras, de cegadora beleza, atraen aos fotógrafos  paisajistas de todo o orbe como o mel ás moscas. Coñécella como A Onda (The Wave), nome que, por descontado, nada ten que ver coa auga, senón co seu relevo rochoso, artisticamente esculpido polo vento: unha sucesión de ondulacións horizontais constituídas por centos de bandas paralelas de tons alaranxados, avermellados e marróns que dan a esta arenisca o seu aspecto mórbido de manto plisado, provocando no espectador unha aparente sensación de movemento.

Formouse durante o Xurásico, hai 190 millóns de anos. Investigacións xeolóxicas demostraron a existencia previa no lugar dun conxunto de dunas que, co paso do tempo, transformáronse en rocha compacta. A choiva e a erosión eólica fixeron o resto, configurando as sinuosidades da formación actual, á que non resulta fácil acceder.

FONTE: Paloma Santanaría/abc.es

0 comentarios