Os récords de lonxevidade do reino animal (VII)
Continúo coa serie adicada aos numerosos exemplos de lonxevidade extrema no reino animal existen numerosos exemplos. O estudo destes casos achega á comunidade científica novos instrumentos para estudar como reverter o aparentemente inexpugnable proceso de envellecemento.
Se onte falamos das tartarugas, hoxe tócalle á balea de Groenlandia.
7. Balea de Groenlandia
Igual que ocorre coas quenllas homónimas, as baleas de Groenlandia (Balaena mysticetus), tamén se benefician dun crecemento lento e unha alta esperanza de vida. O mamífero máis lonxevo do mundo ten unha esperanza de vida duns 70 anos, aínda que algúns exemplares poden chegar a vivir uns 200 anos. Igual que o seu ‘correlixionario’, a quenlla de Groenlandia.
Con todo, a diferenza deste, non ten que esperar aos 150 anos de idade para reproducirse. “Só” bastarán uns 25 anos para ter descendencia. Unha vantaxe de gran axuda para unha especie cuxas publicacións foron esquilmadas no pasado recente como consecuencia da caza comercial.
FONTE: Sergi Alcalde/ nationalgeographic.com.es Imaxe: es.wikipedia.org
Continuará...
0 comentarios