Blogia
vgomez

ALL-SKY FIREBALL NETWORK: UN PROGRAMA PARA VELOS METEOROS QUE BOMBARDEAN A TERRA

ALL-SKY FIREBALL NETWORK: UN PROGRAMA PARA VELOS METEOROS QUE BOMBARDEAN A TERRA

Cámaras empregadas polo programa / Imaxe:fireballs.ndc.nasa.gov

Un proxecto da NASA, coñecido como All-sky Fireball Network, permite ver en tempo real os entre 4.000 e 5.000 meteoros que bombardean a Terra nun día. Unha ducia de cámaras que vixían o ceo rexistran o paso do que se coñece como bólidos, luzadas máis brillantes que Venus que cruzan o ceo a gran velocidade. A súa aglomeración determina a existencia dunha chuvia de estrelas.

Para este proceso tamén contan coa axuda de radares, como o Canadian Meteor Orbit Radar (CMOR), co que se enumeran os meteoros, aos que nomea despois a Unión Astronómica Internacional. Tamén se miden as velocidades que abranguen dende os 12 ata os 66 km/s.

Este tipo de programas non tratan só de protexer o planeta, senón que tamén permiten obter pistas de onde crean os bólidos e de cal é a súa procedencia, un cometa ou un asteroide. Ademais, resulta importante no deseño de futuras naves espaciais.

Na web deste programa de busca de meteoros pódese ver o planeta en parcelas, as que vixían as 12 cámaras, e observar o ceo. Ademais, hai gráficos nos que quedan marcados os bólidos que pasan e por onde o fan.

Se queres coñecer esta web preme AQUÍ.

FONTE: Xornal abc/ciencia

0 comentarios