Blogia
vgomez

"INDULTO REAL" PARA ALAN TURING

"INDULTO REAL" PARA ALAN TURING

Alan Turing de novo / SHERBORNE SCHOOL AFP-PH-HNI

A figura do matemático Alan Turing (1912-1954), pai da computación moderna e home clave para a vitoria británica na Segunda Guerra Mundial por crackeo do código "irrompible" nazi Enigma, recibiu finalmente un indulto real que trata de emendar a súa condena penal por ser homosexual, un feito que lle levou ao suicidio.

A máquina electromecánica de Turing, considerada unha precursora dos ordenadores modernos, logrou desbloquear o código utilizado polos submarinos alemáns no Atlántico. O seu traballo en Bletchley Park está considerado clave para o final da II Guerra Mundial.

Non obstante, Turing foi despedido do seu posto de traballo e someteuse a unha castración química mediante inxeccións de hormonas femininas tras ser declarado culpable de ter relacións sexuais cun home, un delito considerado grave en 1952. De feito, as prácticas homosexuais foron ilegais no Reino Unido ata 1967.

Turing suicidouse en 1954, 41 anos de idade, tras inxerir cianuro.

O Ministro de Xustiza británico, Chris Grayling, afirmou que o indulto da raíña Isabel entra en vigor inmediatamente, como merecida homenaxe a "un home excepcional, cunha mente brillante,".

Máis vale tarde que nunca!

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

0 comentarios