OS FÓSILES MÁIS DESTACADOS DO MUNDO V
A procura da verdade a través dunha lente científica está a permitirnos reconstruír a historia das orixes humanas a partir dos fósiles dos nosos antepasados. Afortunadamente, grazas aos fósiles, a evidencia sólida detrás da nosa imaxe da vida na Terra, temos unha boa fonte de información sobre a vida prehistórica no noso planeta.
Por raros e impresionantes que poidan ser, non todos os fósiles son igualmente famosos, ou tiveron o mesmo efecto profundo na paleontoloxía e na nosa comprensión da vida durante estes tempos remotos.
Continúo coa serie os fósiles máis destacados do mundo. Hoxe tócalle a...
5. Mosasaurus
Durante centos de anos antes do século XVIII, os habitantes de Europa central e occidental estiveran desenterrando ósos de aspecto estraño ao longo dos leitos dos lagos e as ribeiras dos ríos. O que fixo que o espectacular esqueleto do réptil mariño Mosasaurus fose importante residiu en que foi o primeiro fósil en ser identificado positivamente o naturalista Georges Cuvier como pertencente a unha especie extinta. A partir deste intre, os científicos déronse conta de que estaban a tratar con criaturas que viviron e morreron millóns de anos antes de que os humanos aparecesen na terra. O fósil de Mosasaurus, especie que viviu durante o Maastrichtiense no período Cretácico Hai entre 70-66 millóns de anos, foi descuberto en 1764.
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es
0 comentarios