OS FÓSILES MÁIS DESTACADOS DO MUNDO VII
A procura da verdade a través dunha lente científica está a permitirnos reconstruír a historia das orixes humanas a partir dos fósiles dos nosos antepasados. Afortunadamente, grazas aos fósiles, a evidencia sólida detrás da nosa imaxe da vida na Terra, temos unha boa fonte de información sobre a vida prehistórica no noso planeta.
Por raros e impresionantes que poidan ser, non todos os fósiles son igualmente famosos, ou tiveron o mesmo efecto profundo na paleontoloxía e na nosa comprensión da vida durante estes tempos remotos.
Continúo coa serie os fósiles máis destacados do mundo. Hoxe tócalle a...
7. Lucy, o fósil máis famoso do mundo
Lucy, un Australopithecus afarensis de 3,2 millóns de anos que leva o nome da canción dos Beatles "Lucy in the Sky with Diamonds", é quizais o fósil máis famoso do mundo. Foi descuberta na rexión de Afar en Etiopía en 1974 e segue sendo un dos esqueletos máis completos dun devanceiro humano que camiña ergueito, con aproximadamente o 40% dos seus ósos intactos. O seu descubrimento permitiu aos científicos determinar por primeira vez que a capacidade de camiñar ergueito era anterior aos grandes cerebros dos humanos modernos. O cerebro de Lucy é do tamaño do dun chimpancé e é a proba máis evidente do elo mono-home.
Os restos deste homínido están gardados actualmente nunha caixa forte en Adís Abeba, capital de Etiopía.
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es
0 comentarios