Blogia
vgomez

UNHA DÉCADA DE SOL

 

O Observatorio de Dinámica Solar da NASA que leva xa máis de 10 anos en funcionamento, capta unha imaxe da nosa estrela cada 0,75 segundos. O instrumento AIA (Atmospheric Imaging Assembly) captura imaxes cada 12 segundos a 10 lonxitudes de onda de luz diferentes.

Así que, que son 10 anos para o noso Sol de 4.600 millóns de anos? Probablemente moi pouco; con todo, cada década na que arde o noso vello Sol é unha década de cambios  turbulentos que podemos contemplar neste novo timelapse do Observatorio de Dinámica Solar (SDO) da NASA.

No vídeo titulado "Unha década de Sol", os astrónomos recompilaron 425 millóns de imaxes de alta definición do Sol, tomadas unha vez cada 0,75 segundos entre o 2 de xuño de 2010 e o 1 de xuño de 2020. Cada segundo do vídeo representa un día na vida do Sol, e toda a década pasa nuns 60 minutos.

Durante esa década, o Sol sufriu cambios radicais, desde manchas solares alcanzando novos máximos ata a quietude da nosa estrela, nese ciclo de 11 anos mais ou menos no que os polos magnéticos do Sol cambian de lugar de súpeto; o mínimo solar.

Estes cambios son difíciles de detectar desde a Terra a primeira ollada, pero o satélite SDO da NASA veos claramente mentres  monitorea a nosa estrela en luz ultravioleta extrema.

É un espectáculo impresionante de observar!

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es

0 comentarios