Blogia
vgomez

SOBRE AS MAREAS V

Continuo coas curiosidades sobre as mareas, a partir das explicacións do xornalista e  divulgador científico Marcus Chown, no seu libro "Gravidade. Unha historia da forza que o explica todo" (Blackie Books, 2019).

As grandes mareas / Imaxe: saint-malo-tourisme.es

4. Son enormes as mareas?

"Non é algo que admita normalmente, pero o abultamento que provocan as mareas nos océanos e que nos libros de texto e divulgación científica adoita presentarse como enorme é, en realidade, dun tamaño ridículo". Así  desmitifica o autor o fenómeno que para algúns significaban monstruosas montañas de auga. E continúa explicando que en pleno océano, a Lúa apenas levanta as augas un metro, "é dicir, unha diezmillonésima parte do radio terrestre".

Por iso en alta mar as mareas son case imperceptibles, porque un metro de altura en vasto territorio (lembremos, maior que os continentes), tradúcese en moita auga, aínda que pouca espectacularidade. Entón, por que tampouco se nota no Mediterráneo? Debido a que é un mar con pouca profundidade: "A diferenza entre a gravidade que se rexistra na superficie da auga e a que se rexistra no leito mariño depende da profundidade das augas. Se o mar é pouco profundo, a diferenza é pequena e, por conseguinte, tamén o é o do  abultamiento da marea", afirma o autor.

FONTE: Patricia Biosca/abc.es/ciencia

0 comentarios