Blogia
vgomez

CONVIVENCIA

 

Non permitas que ninguén che quite as ganas de ser o mestre estupendo que levas dentro. Non esquezas ao servizo de quen e para que estás. Debes lembrar que es unha persoa  importantísima na sociedade, porque os mestres somos “facilitadores de humanización” e ninguén nos pode quitar iso. Ensinamos a ser críticos, a pensar, a xestionarse ben, contaxiamos valores e ganas de vivir aos alumnos: esa é a  grandísima labor do profesorado”. A mestra e pedagoga Nélida Zaitegi, hoxe presidenta do Consello Escolar de Euskadi, leva máis de catro décadas investigando e desenvolvendo programas de innovación educativa, baseados na convivencia positiva e a resolución de conflitos. Conflitos que se pode transformar en aprendizaxes despois dunha reflexión consciente e pausada. Algunhas das claves do seu pensamento pedagóxico inclúen a educación en valores, a  coeducación e a participación do alumnado. Como aprende un neno para convivir? Convivindo. Coma se a escola fose unha sociedade a pequena escala, onde o profesorado axuda a desenvolver a intelixencia interpersoal e  intrapersonal. “Entre o mono de Darwin e o home ou a muller  autorrealizados de Maslow, que temos no medio? Un profesor. Nós debemos axudar a que os mozos sigan subindo chanzos na humanización para conseguir unha sociedade mellor”, conclúe  Zaitegi.

0 comentarios