UNHA PRAIA INTERIOR?
Unha praia interior? Nunca vin outra!
Pois si. É a praia de Gulpiyuri e está dituada en Naves, no concello de Llanes (Asturias). Atópase a metade de camiño entre as localidades de Ribeseya e Llanes.
Trátase dunha pequena praia de mar pero situada terra dentro, entre verdes prados agrícolas. Nunha costa acantilada de rocha calcaría, o mar foi creando unha cova cara ao interior e o fondo da cova afundiuse (un fenómeno kárstico coñecido como dolina), deixando un pequeno oco circular duns 50 m de diámetro a 100 m da costa. Este afundimento segue conectado coa costa e entra a auga de mar, notándose tamén as mareas e dispoñendo dunha praia de fina area.
Mide uns 40 metros de lonxitude e apenas queda con area durante a pleamar. Rexistra un fenómeno denominado desaugadoiro cando comeza a baixamar. Está catalogada como Monumento Natural dende o 26 de decembro de 2001, ademais de formar parte da Paisaxe Protexida da Costa Oriental de Asturias.
Gulpiyuri non dispón de ningún servizo e non é accesible, xa que está rodeada de prados cunha maior altitude. A localidade máis próxima é Naves e o acceso realízase a través dun camiño agrícola.
Ten posibilidades de ser o mar máis pequeno do mundo.
FONTE: laregion.es e gal.wikipedia.org Imaxe: gal.wikipedia.org
0 comentarios