Blogia
vgomez

FOTOVERDE

FINALISTAS DO NIKON COMEDY WILDLIFE AWARDS 2024

Un ano máis os animais volven ser os protagonistas nun dos concursos fotográficos máis prestixiosos de fotografía de natureza: os Nikon Comedy Wildlife Awards 2024.

Aquí están os finalistas do concurso. Os gañadores anunciaranse o 10 de decembro de 2024.

Para velos preme AQUÍ.

Persoalmente, a que máis me impresionou foi esta, foto de Sarosh Lodhi co título Espera, que cebra está diante?

Sorte a tod@s!

FONTE: comedywildlifephoto.com

Wildlife Photographer of the Year e un gañador español de 9 anos

Wildlife Photographer of the Year é un concurso internacional que pon en valor a habilidade dos fotógrafos para captar a esencia da vida salvaxe e as paisaxes naturais. Este evento converteuse nunha plataforma para promover a conservación do medio ambiente, unha inspiración para as persoas a través de imaxes que revelan tanto a beleza como a fraxilidade da natureza.

Organizado polo Museo de Historia Natural de Londres, o concurso foi creado en 1965 e evolucionou ata converterse nunha das competicións máis respectadas no ámbito da fotografía de natureza. Cada ano, fotógrafos profesionais e afeccionados de todo o mundo envían as súas mellores imaxes en diversas categorías, como o comportamento animal, os ecosistemas, e o impacto humano na biodiversidade.

Ademais de seleccionar aos gañadores, as fotografías destacadas son exhibidas nunha mostra itinerante que percorre distintos países, permitindo que persoas de todo o mundo aprecien o talento dos fotógrafos e tomen conciencia sobre temas ambientais. Este esforzo busca non só recoñecer a excelencia artística, senón tamén fomentar unha relación máis profunda e responsable coa contorna natural.

Alberto Román Gómez, un fotógrafo español de tan só 9 anos, conquistou o prestixioso Wildlife Photographer of the Year coa súa impactante imaxe titulada "Free as a Bird" (Libre como un paxaro).

Fotografia gañadora da categoria "10 Years and Under" / © Alberto Román Gómez Hombre, Wildlife Photographer of the Year

A fotografía mostra a un pequeno paxaro pousado xunto a unha cadea e un cadeado, unha escena que transmite unha poderosa mensaxe de liberdade. A composición, simple e profunda, reflicte o ollo artístico de Alberto e a súa sensibilidade para captar a esencia da natureza, o que o levou a destacar entre fotógrafos de todo o mundo.

Se queres coñecer o resto de fotografías preme AQUÍ.

FONTE: nhm.ac.uk e muyinteresante.com/natureza

AS MELLORES FOTOS SUBMARINAS 2024

O prestixioso certame fotográfico Underwater Photographer of the Year mostra anualmente as escenas máis impactantes do mundo submarino e a biodiversidade que acolle.

Fotografía gañadora do Underwater Photographer of the Year 2024, do fotógrafo sueco Alex Dawson / (Alex Dawson/UPY2024)

É moi probable que a contemplación da imaxe, tan impresionante como estremecedora, provoque un repentino calafrío no ao vela. E ese é o propósito do seu autor. Capturada nas escuras e xélidas augas do Atlántico Norte, mostra a un mergullador explorando os restos óseos dunhas baleas minke comúns (Balaenoptera acutorostrata) que xacen como un pecio no leito mariño. Trátase dos restos da matanza que cada ano levan a cabo os cazadores de baleas de Tasiilaq, unha pequena poboación costeira situada ao sueste de Groenlandia.

Presentada baixo o título Whale bones, o seu autor é o fotógrafo sueco Alex Dawson, considerado como un dos mellores fotógrafos submarinos do mundo, e con ela logrou alzarse como gañador absoluto do prestixioso premio Underwater Photographer of the Year 2024. "Con esta fotografía, comenta Dawson, gustaríame convidar a todos a considerar o noso terrible impacto nas maiores criaturas que habitan este planeta". E non cabe dúbida de que o conseguiu. Durante o século pasado, os humanos demos morte a máis de tres millóns de baleas. Actualmente, e a pesar da moratoria aprobada en 1982 para evitar a súa extinción, séguense capturando máis de 3.500 baleas baixo o irónico eufemismo da ’caza científica’.

Unha balea de brey comendo sardiñas / (Rafael Fernández Caballero/ WPY2024)

Destacar, tamén, que un español,  o gran fotógrafo Rafael Fernández Caballero capturou esta impresionante instantánea en pleno Océano Pacífico, fronte ás costas de México, coa que logrou un dos dous galardóns cos que se alzou na convocatoria do Underwater Photographer of the Year deste ano.

Neste caso, a imaxe mostra o preciso instante no que unha balea de bryde (Balaenoptera edeni brydei), unha das especies máis descoñecidas, captura un cardumen de sardiñas agrupado para defenderse do ataque do que parecen ser unhas barracudas. Non contaban co impresionante bocado do cetáceo.

Se queres ver o resto das fotografías gañadoras nas diferentes categorías preme AQUÍ.

FONTE: underwaterphotographeroftheyear.com

A FERVENZA MÁIS ALTA DE UROPA

Vinnufossen é a fervenza máis alta en Europa e a sexta máis alta no mundo.​ A fervenza, de 865 metros de altura, está localizada ao leste do pobo de Sunndalsøra no municipio de Sunndal na provincia de Møre og Romsdal, Noruega. 



Vinnufossen non é unha fervenza moi poderosa, senón que supón unha sucesión de ata 4 finas caídas de auga, as cales aliméntanse do xeo derretido dun pequeno glaciar (Vinnufonna) atopado nun pico de 1.814 metros de altitude. Mesmo en xullo aínda se pode ver neve na cima de Vinnufossen.

A fervenza forma parte do río Vinnu, o cal flúe baixo ela e é alimentado polo glaciar Vinnufonna. A fervenza desemboca no río Driva, preto do pobo de Hoelsand.

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

WORLD NATURE PHOGRAPHY AWARDS 2024

O certame británico World Nature Photography Awards (WMPA) escolleu as fotografías gañadoras para a súa 5ª edición, celebrada este 2024, conseguindo unha vez máis unha fantástica compilación de imaxes que resume de forma visual as marabillas que se esconden a primeira ollada no planeta ao que temos a sorte de chamar fogar.

A intención do concurso é destacar a maxestosa biodiversidade que nos rodea, influenciando a todas as persoas a actuar co propósito adecuado e xerar un impacto positivo na Terra.

Fotógrafos de todos os continentes sumáronse a este desafío, competindo entre miles de participantes por ser galardoados nalgunha das 14 magníficas categorías do WNPA. 

Fotografía gañadora da categoría "Behaviour - Birds" /(omportamento-Aves) e primeiro premio do concurso

A fotógrafa británica Tracey Lund levouse o premio principal desta edición do certame grazas á súa fantástica imaxe subacuática tomada nas Illas Shetland, en Reino Unido. Dous alcatraces mergúllanse no mar a grandes velocidades para competir pola captura dun peixe, un comportamento natural moi difícil de fotografar.

Para ver o resto de fotografías preme AQUÍ.

FONTE: worldnaturephotographyawards.com

CONCURSO ANUAL DE FOTOS ECOLOXÍA E EVOLUCIÓN DE BMC 2023

Imaxe finalista da categoría Plantas e fungos, na que o autor destaca a rareza de ver un insecto tan grande conquistado por un fungo parasito. Roberto García-Roia (Nature inFocus Awards)

Desde como as os animais desenvólvense e aprenden, pasando polas relacións de colaboración que se establecen entre eles, ata chegar aos conflitos ou as relacións parasitarias entre especies, as imaxes gañadoras deste certame fotográfico celebran a biodiversidade da Terra as súas orixes e evolución a través dunha fotografía cargada con moita ciencia.

Con 7 categorías que exploran as diversas caras da evolución e a ecoloxía, BMC Ecology and Evolution, resultado dos antes independentes BMC Ecology e BMC Evolutionary Biology, nace para brindar a ecólogos e biólogos evolutivos de todo o mundo a oportunidade de, a través da imaxe, enmarcar o seu traballo na sutil intersección entre a arte e a ciencia para dalo a coñecer.

Se queres ver os gañadores da competición preme AQUÍ.

FONTE: bmcecolevol.biomedcentral.com e nationalgeographic.com.es

GAÑADORES CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DA NATUREZA: INSECTOS

GAÑADORES CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DA NATUREZA: INSECTOS

A terceira edición do Concurso de Fotografía da Natureza: Insectos, promovida pola Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC, tivo lugar durante os meses de outubro e novembro.

Actualmente, xa está publicada a resolución das tres persoas galardoadas:

 

Primeiro premio: Amor entre pétalos, de Guadalupe Rodríguez Vázquez.

Segundo premio: Outras cores do outono de José Otero Neo (á esquerda). Terceiro Premio: Cruce de camiños, de Javier Cabana Soengas (á dereita).

O xurado, constituído por fotógrafos profesionais e afeccionados con coñecementos e habilidades fotográficas, escolleron as gañadores por votación secreta. Agora, os premios serán entregados no acto de inauguración da exposición das mellores fotografías do concurso, que se prevé que se celebrará neste mes de decembro.

FONTE: Noa Martínez/gciencia.com/fotonautas

FINALISTAS DO COMEDY WILDLIFE

Peroalmente, a que maís me gusta é esta, titulada Pegasus, the flying horse. O touro estaba preto dun niño de grúa e ela asustouno para que liscase de alí / Jagdeep Rajput

Comedy Wildlife é o concurso anual que premia as fotografías máis divertidas da natureza. Fundado por Paul Joynson-Hicks e Tom Sullam, xa se converteu nun concurso de renome mundial que busca concienciar sobre a importancia da conservación de especies e do respecto cara ao medioambiente

Os organizadores do certame acaban de anunciar as 43 finalistas desta edición, todas elas para escachar coa risa. Se as queres ver preme AQUÍ.

Os gañadores anunciaranse o vindeiro 8 de decembro.

A cal máis divertida!

FONTE: comedywildlifephoto.com e gciencia.com/fotonautas