AS MELLORES FOTOS SUBMARINAS 2024
O prestixioso certame fotográfico Underwater Photographer of the Year mostra anualmente as escenas máis impactantes do mundo submarino e a biodiversidade que acolle.
Fotografía gañadora do Underwater Photographer of the Year 2024, do fotógrafo sueco Alex Dawson / (Alex Dawson/UPY2024)
É moi probable que a contemplación da imaxe, tan impresionante como estremecedora, provoque un repentino calafrío no ao vela. E ese é o propósito do seu autor. Capturada nas escuras e xélidas augas do Atlántico Norte, mostra a un mergullador explorando os restos óseos dunhas baleas minke comúns (Balaenoptera acutorostrata) que xacen como un pecio no leito mariño. Trátase dos restos da matanza que cada ano levan a cabo os cazadores de baleas de Tasiilaq, unha pequena poboación costeira situada ao sueste de Groenlandia.
Presentada baixo o título Whale bones, o seu autor é o fotógrafo sueco Alex Dawson, considerado como un dos mellores fotógrafos submarinos do mundo, e con ela logrou alzarse como gañador absoluto do prestixioso premio Underwater Photographer of the Year 2024. "Con esta fotografía, comenta Dawson, gustaríame convidar a todos a considerar o noso terrible impacto nas maiores criaturas que habitan este planeta". E non cabe dúbida de que o conseguiu. Durante o século pasado, os humanos demos morte a máis de tres millóns de baleas. Actualmente, e a pesar da moratoria aprobada en 1982 para evitar a súa extinción, séguense capturando máis de 3.500 baleas baixo o irónico eufemismo da ’caza científica’.
Unha balea de brey comendo sardiñas / (Rafael Fernández Caballero/ WPY2024)
Destacar, tamén, que un español, o gran fotógrafo Rafael Fernández Caballero capturou esta impresionante instantánea en pleno Océano Pacífico, fronte ás costas de México, coa que logrou un dos dous galardóns cos que se alzou na convocatoria do Underwater Photographer of the Year deste ano.
Neste caso, a imaxe mostra o preciso instante no que unha balea de bryde (Balaenoptera edeni brydei), unha das especies máis descoñecidas, captura un cardumen de sardiñas agrupado para defenderse do ataque do que parecen ser unhas barracudas. Non contaban co impresionante bocado do cetáceo.
Se queres ver o resto das fotografías gañadoras nas diferentes categorías preme AQUÍ.
FONTE: underwaterphotographeroftheyear.com
0 comentarios