Blogia
vgomez

PREMIOS DE FOTOGRAFÍA AUDUBON 2021

Grand Prize: Carolina Fraser coa fotografía Gran Correcamiños nun baño de po.

A Sociedade Nacional Audubon (National Audubon Society) anunciou as fotografías e vídeos gañadores dos seus Premios de Fotografía Audubon 2021 que mostran a beleza das aves e chaman a atención sobre as especies que están en perigo de extinción.

A National Audubon Society é unha organización de conservación sen fins de lucro fundada en 1905 que traballa para protexer ás aves e o seu hábitat a través de varios programas e en colaboración con outros organismos como centros da natureza e moitos outros. Os Premios de Fotografía presentan cada ano algunhas das mellores fotografías da vida salvaxe e a natureza (onde as aves son a estrela, por suposto). 

Iste ano, ademais, ampliouse o certame con dous novos premios: un Vídeo Award, para unha nova categoría de vídeo, e un Female Bird Prize, outorgado á mellor fotografía dunha femia de ave en todas as categorías.

O Gran Premio deste ano foi para Carolina Fraser por unha foto tomada nos Noivos Ranch en Texas. A imaxe dun Gran Correcamiños, que se sabe que de cando en cando usa auga para bañarse, captura á perfección este momento dun “baño de po”.

Se queres coñecer o resto de de fotografías e vídeo gañador preme AQUÍ.

FONTE: audubon.org e muyinteresante.es/natureza

0 comentarios