Blogia
vgomez

OS TEUS COÑECEMENTOS SOBRE MEDIO AMBIENTE IV

A contestación correcta á pregunta do día anterior, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre medio ambiente, é uns 9 litros. Unha billa estándar gasta entre 7 e 11 litros de auga por minuto. É mellor utilizar un vaso para aclarar os dentes, e logo aclarar o cepillo e o vaso.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. Que método emprega menos auga, lavar os pratos no lavalouzas a carga completa ou lavalos a man?

- Lavalouzas

- A man, por suposto

- Os dous gastan a mesma cantidade de auga aproximadamente

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es

0 comentarios