Blogia
vgomez

Wildlife Photographer of the Year e un gañador español de 9 anos

Wildlife Photographer of the Year é un concurso internacional que pon en valor a habilidade dos fotógrafos para captar a esencia da vida salvaxe e as paisaxes naturais. Este evento converteuse nunha plataforma para promover a conservación do medio ambiente, unha inspiración para as persoas a través de imaxes que revelan tanto a beleza como a fraxilidade da natureza.

Organizado polo Museo de Historia Natural de Londres, o concurso foi creado en 1965 e evolucionou ata converterse nunha das competicións máis respectadas no ámbito da fotografía de natureza. Cada ano, fotógrafos profesionais e afeccionados de todo o mundo envían as súas mellores imaxes en diversas categorías, como o comportamento animal, os ecosistemas, e o impacto humano na biodiversidade.

Ademais de seleccionar aos gañadores, as fotografías destacadas son exhibidas nunha mostra itinerante que percorre distintos países, permitindo que persoas de todo o mundo aprecien o talento dos fotógrafos e tomen conciencia sobre temas ambientais. Este esforzo busca non só recoñecer a excelencia artística, senón tamén fomentar unha relación máis profunda e responsable coa contorna natural.

Alberto Román Gómez, un fotógrafo español de tan só 9 anos, conquistou o prestixioso Wildlife Photographer of the Year coa súa impactante imaxe titulada "Free as a Bird" (Libre como un paxaro).

Fotografia gañadora da categoria "10 Years and Under" / © Alberto Román Gómez Hombre, Wildlife Photographer of the Year

A fotografía mostra a un pequeno paxaro pousado xunto a unha cadea e un cadeado, unha escena que transmite unha poderosa mensaxe de liberdade. A composición, simple e profunda, reflicte o ollo artístico de Alberto e a súa sensibilidade para captar a esencia da natureza, o que o levou a destacar entre fotógrafos de todo o mundo.

Se queres coñecer o resto de fotografías preme AQUÍ.

FONTE: nhm.ac.uk e muyinteresante.com/natureza

0 comentarios