A IMAXE DA "ÁRBORE DA GALAXIA"
"A árbore da galaxia" 25 de maio de 2015 / Imaxe: César Vega Toledano
Esta impresionante imaxe da Vía Láctea contoneándose ao compás da silueta das ramas dun carballo foi elixida como a Imaxe Astronómica do Día pola NASA.
O primeiro que chamou a atención do seu autor, o español César Vega Toledano, foi a bonita estampa que ofrecía un bosque de carballos recén podados en Salamanca.
A continuación apareceu a galaxia. Dende esta perspectiva, elixida coidadosamente polo seu autor, as liñas de po da galaxia da Vía Láctea parecen prolongacións naturais das ramas da árbore.
César Vega quedou esperto ata as 2 da madrugada esperando que a galaxia emerxese sobre este carballo de aparencia maxestosa. E este é o resultado.
Espectacular!
FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia
0 comentarios