ESPECIES ASOMBROSAS DO 2016: UMMA GUMMA
O Instituto Internacional para a Exploración de Especies publica, como cada ano, o seu Top 10 das especies máis asombrosas entre as descubertas durante os últimos 12 meses. Os científicos do centro, dependente da Universidade Estatal de Nova York (EE UU), elixiron estes 10 entre as 18.000 especies descritas o ano anterior. Ao longo de varios días iremos coñecendo estas especies elexidas.
Este cabaliño do diaño de Gabón é unha das 60 novas especies descubertas no último ano por un mesmo grupo investigador en África. O seu nome en latín, “Umma gumma”, homenaxea ao cuarto álbum de estudo da banda británica Pink Floyd, Ummagumma, que ademais é un termo empregado polos estudantes en Cambridge para referirse ao sexo.
FONTE:Theodore W. Pietsch, Universidade de Washington/Xornal El país/Ciencia
0 comentarios