Blogia
vgomez

O RALLYE DAKAR

O RALLYE DAKAR

Rallye Dakar / Imaxe:television-vivo.com.ar

O rallye Dakar é unha competición de motor anual disputada durante as dúas primeiras semanas de xaneiro e está considerado como o rallye máis duro do mundo. A proba foi fundada en 1979, despois de que o piloto de Francia, Thierry Sabine, perdérase no deserto de Teneré ao norte de África durante días e considerase a súa experiencia, digna de ser reproducida nunha competición internacional.

Ata 2008, durante o tempo que duraba a proba, levaba aos corredores dende algunha cidade de Europa, ata a cidade de Dakar (Senegal). Durante moitos anos partíu de París, pero dende 1995 foi cambiando o seu lugar de inicio por outras cidades europeas (Granada, Lisboa), fundamentalmente por motivos publicitarios ou políticos, xa que a verdadeira competición non comenzaba ata que se entraba no continente africano. Tamén, o final da proba non foi sempre Dakar. En 1992, a carreira atravesou o continente africano completo, para rematar na Cidade do Cabo, en Sudáfrica. En 2000 e 2003 a carreira rematou en Exipto, nas cidades de O Cairo e Sharm el-Sheij, respectivamente, coas pirámides coma paisaxe.

Debido a que en 2008 foi suspendido por recomendación do goberno de Francia por posibles atentados terroristas, o rallye celébrase dende 2009 entre os países sudamericanos de Arxentina e Chile e, neste ano 2012, o Perú tamén será sede da competición.

Hai catro categorías de participación: automóbiles, camións, motocicletas e cuadriciclos. O terreno varía considerablemente, atravesando zonas de area, rochas, barro e vexetación, ata estradas secundarias.

Neste ano 2012, o Dakar propón unha epopea panamericana de máis de 9.000 quilómetros en total. O trazado en línea, que leva ao rallye das costas do Atlántico ás do Pacífico, permite transportar aos participantes a novos territorios, dunha América distinta. A importancia do desafío impón tamén unha modificación do formato deportivo, que este ano comprende 14 días de carreira (do 1 ao 15 de xaneiro, cun día de descanso). Constantemente guiados pola Cordilleira dos Andes, os pilotos chegarán a Atacama, e experimentarán en especial a diversidade de dunas ao aventurarse a Perú.

Se queres coñecer maís sobre a edición 2012: as etapas, as clasificacións... ou incluso a histroría deste mítico rallye ao longo do tempo, só tes que pinchar AQUÍ.

0 comentarios