Blogia
vgomez

PROTAGONISTAS DO MUNDO DA CIENCIA 2011 SEGUNDO NATURE

PROTAGONISTAS DO MUNDO DA CIENCIA 2011 SEGUNDO NATURE

(De esquerda a dereita) Sara Seager, Rosie Redfield, Mike Lamont, Lisa Jackson, Tatsuhiko Kodama, Diederik Stapel, Danica May Camacho, Dario Autiero, Essam Sharaf e John Rogers.

 

A prestixiosa revista científica Nature publicou no seu último número do pasado mes de decembro un particular «top ten» cos protagonistas -non só científicos- que marcaron o mundo da ciencia durante 2011, para ben ou para mal. Trátase das historias humanas que están detrás das investigacións máis prometedoras da física ou da astronomía, nomes que moitas veces pasan desapercibidos para o grande público, pero que son o auténtico motor dos descubrimentos. Outros, polo contrario, saíron á luz por cuestións máis controvertidas. Estas son as dez personalidades, seguindo a orde dafotografía superior:

1. Sara Seager, a cazadora de planetas como a Terra. A astrónoma do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) en Cambridge, é membro do equipo do observatorio espacial Kepler. A sonda atopou este ano 28 exoplanetas confirmados, incluído un que se atopa na súa zona de habitabilidade.

2. Rosie Redfield, contra a bacteria do arsénico. Microbióloga da Universidade Británica de Columbia, que calificou o estudo sobre o descubrimento dunha bacteria que supostamente podía vivir do arsénico como unha fraude e asegurou no seu blog que os autores da investigación eran «malos científicos».

3. Mike Lamont, o mecánico do bosón de Higgs. É o enxeneiro que mantén en marcha a «máquina de Deus», colisionando partículas. Boa parte do éxito del LHC (Grande Colisionador de Hadrones) na procura do basón de Higgs (a partícula que supostamente encerra o segredo de por que todalas demais teñen masa) depende deste home.

4. Lisa Jackson, a defensora do medio ambiente. Administradora da Axencia de Protección Ambiental (EPA) de EE.UU., foi obxecto de ataques incesantes despois de propoñer o endurecemento das normas para combatir a contaminación atmosférica.

5. Tatsuhiko Kodama, a voz crítica de Fukushima. Biólogo, xefe do Centro de Radioisótopos da Universidad de Tokio, foi a voz máis crítica contra o goberno xaponés por non informar con precisión sobre a cantidade de radiación que se filtrara da planta nuclear de Fukushima tralo terremoto do 11 de marzo. «É unha clara neglixencia por parte do goberno», chegou a berrar ante o parlamento do seu país.

6. Diederik Stapel, o psicólogo estafador. O que fora un prestixioso psicólogo social holandés, dedicouse durante 8 anos a fomentar a súa reputación publicando os máis avanzados estudos na súa disciplina en revistas de primeiro nivel como Science. Pero resultóou que eran totalmente inventadas.

7. Danica May Camacho, a nena 7.000 millóns. Naceu nun hospital público de Manila (Filipinas). Esta pequena pasará aos anais da historia pois é a primera dun bo número de bebés que naceron o 31 de outubro de 2011, data na que, segundo Nacións Unidas, a poboación mundial acadaba os 7.000 millóns.

8. Dario Autiero, o físico dos neutrinos. Investigador do Instituto de Física Nuclear en Lyons, Francia, que o 23 de setembro, xunto cos seus colegas do experimento OPERA, no acelerador de partículas do CERN, na fronteira franco-suíza, anunciaron uns resultados que podían cambiar os alicerces da física moderna: a posibilidade de que unha partícula, o neutrino, sexa capaz de viaxar máis rápida que a luz.

9. Essam Sharaf, exprimeiro ministro de Exipto. Cando os académicos se uniron aos millóns de persoas que protestaban nas rúas de Exipto, a voz dun enxeneiro pronto comenzou a liderar os cánticos. Essam Sharaf estaba no medio das manifestaciónss de xaneiro convertíndose no primeiro ministro do seu país trala revolución en marzo, promocionando a ciencia como solución aos problemas do país. En novembro renunciou no medio dunha segunda oleada de protestas populares. Intentou impulsar a investigación en campos que van dende a seguridade da agua á enerxía. «Os países non avanzan excepto con investigación científica», decía.

10. John Rogers, o físico tecnolóxico. Científico doutorado en Harvard, ten a habilidade de transformar ideas da física en prototipos tecnolóxicos. Elaboraou xunto cun equipo internacional de enxeneiros, unha especie de calcomanía que integra a tecnoloxía máis sofisticada nunha lámina transparente sen cables. Como se fose unha tatuaxe temporal, pégase á pel e mide o ritmo cardíaco e a actividade cerebral e muscular de quen a porta.

FONTE: Xornal ABC/Ciencia.


0 comentarios