INVENTOS QUE MATARON AOS SEUS CREADORES II
Continúo coa viaxe por estas fascinantes e tráxicas historias que revelan o perigo que acompaña á procura do progreso, xa que os seus creadores pagaron o prezo máis alto polas súas propias xenialidades, xa que a innovación ás veces chega a consecuencias un tanto imprevistas e, en ocasións, letais.
2. O globo híbrido de Rozier
Jean-François Pilâtre de Rozier (1754-1785) foi un profesor de física e química francés que, ademais, foi un dos primeiros pioneiros da aviación. Desempeñou un papel crucial nos primeiros días do voo en globo. Abandeirado polo seu espírito aventureiro, desenvolveu un globo híbrido que combinaba aire quente e hidróxeno, coa intención de cruzar a Canle da Mancha. Con todo, mentres trataban de cruzalo, o 15 de xuño de 1785, o hidróxeno do globo incendiouse, o que provocou que se estrelase e Rozier morrese. Converteuse na primeira vítima mortal rexistrada na historia da aviación, o que puxo de relevo os perigos dos primeiros experimentos ou proxectos de voo. Tiña só 31 anos cando faleceu.
Continuará...
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.com e es.wikipedia.org Imaxe: siempreenlasnubes.com
0 comentarios