ESPECTACULARES ESTRADAS SOBRE O MAR
Vaia estradas sobre o mar!
A da esquerda atópase en Atlanterhavsveien (Noruega) e percorre os fiordos abrazada ao mar de Noruega (no Atlántico Norte), atravesando lugares onde a terra rompe en centosde penínsulas, illas e illotes. Este tramo de sete quilómetros é un espléndido espectáculo coas augas en calma; cando hai tempestade resulta terrorífico.
A da dereita é a Autoestrada de Ultramar (EE UU). Cunha lonxitude duns 180 quilómetros, a autoestrada percorre os Cayos de Florida case sempre directamente sobre o mar. Cando non hai tráfico (o cal non é sinxelo) percorrela leva unhas catro horas. Tempo dabondo para gozar do océano, do ceo e dos atardeceres ou os amenceres.
Espectaculares!
FONTE: Sergio Amadoz/motor.elpais.com
0 comentarios