Blogia
vgomez

POR QUE NON HAI MOSQUITOS NO INVERNO?

As femiaA de mosquito hibernan e sobreviven aos rigores do invierno / Adobe Stock

 

Ao longo do ano o ciclo biolóxico dalgúns seres vivos segue unha serie de pautas marcadas pola climatoloxía. Así, por exemplo, coa chegada da primavera aparece a floración, nesa época as andoriñas retornan dos seus campamentos invernais africanos, durante os meses estivais increméntanse as picaduras de dípteros…

A ciencia que estuda a relación entre o ciclo da vida e o clima coñécese como fenoloxía. Os datos fenolóxicos utilízanse para comparar climáticamente diferentes zonas xeográficas e a partir deles é posible realizar mapas de isofenas (curvas de representación cartográfica).

O termo mosquito foi introducido no noso idioma cara ao ano 1.400 e deriva do italiano moschetto, un vocábulo que fai referencia a unha pequena frecha lanzada desde un dispositivo semellante a unha ballesta. Na actualidade este termo aplícase para designar a membros de varias familias de insectos da orde dos dípteros e do suborden dos nematóceros.

As femias destes insectos requiren da achega de certas proteínas do sangue para poder iniciar o ciclo gonotrófico e realizar a posta de ovos. No transcurso dunha semana son capaces de poñer entre 80 e 200 ovos, a metade dos cales darán lugar a mosquitos femias.

Os ovos, invisibles ao ollo humano, son depositados en grupos de cincuenta (coñecidos como navículas, pola súa semellanza a pequenas naves) en zonas de auga estancada, onde eclosionarán, pasadas 24-48 horas.

A duración da fase de larva dependerá basicamente da temperatura e ao final da mesma producirase unha transformación, tras a cal se iniciará a fase de pupa, que terá lugar na superficie da auga. Finalmente chegarán á fase adulta, durante a cal os mosquitos abandonan a auga e aliméntanse do néctar das flores.

A esperanza de vida dos mosquitos varía, habitualmente, entre 10 e 30 días, e depende de varios factores: o sexo, a alimentación, a humidade, a época do ano e a especie. Os mosquitos machos teñen unha vida máis curta que as femias, xeralmente viven tan só dez días despois do apareamiento, polo que nunca chegan a alcanzar os meses invernais.

Pola contra, as femias si sobreviven aos rigores do inverno. A súa estratexia consiste, basicamente, en incrementar o peso, ata dez veces o peso corporal normal, e buscar un refuxio no cal protexerse cando descenden as temperaturas. Entran nun estado de hibernación coñecido como diapausa no que poden permanecer ata seis meses sen necesidade de hidratarse.

Habitualmente os mosquitos femia escóndense ao amparo das árbores ou en zonas con auga estancada, de onde sairán do seu letargo cando suban as temperaturas, buscando sangue para alimentarse tanto elas como as súas crías.

Algunhas especies de mosquitos pasan a hibernación non na fase adulta senón na de larva. Fano sempre na auga, que ao estar tan fría teñen que suspender a respiración, permanecendo inmóbiles no fondo. Noutros casos, como o mosquito tigre, a hibernación prodúcese na fase de ovo.

Unha última curiosidade, no ano 2013 un paleontólogo estadounidense atopou un mosquito fosilizado en cuxo estómago aínda quedaban restos de sangue da súa última vítima. O sangue tiña unha antigüidade próxima a corenta e seis millóns de anos e pertencía a un ave.

FONTE: Pedro Gargantilla/abc.es/ciencia

0 comentarios