GALICIA NOMEADA
Todo en Galicia ten un nome. Cada leira, cada fonte, os penedos e as veigas. Tal é a concentración de topónimos por metro cadrado que, nos nove meses que leva funcionando a plataforma Galicia Nomeada, xa se recompilaron 20.000 destas denominacións e na súa recollida participaron arredor de 1.300 persoas. Unhas cifras que dan conta da boa aceptación desta iniciativa que puxo en marcha a Real Academia Galega en colaboración coa de Xunta de Galicia.
Nin os meses de confinamento frearon o crecemento deste mapa de nomes espallados por toda a xeografía galega. Dende o mes de marzo, Galicia Nomeada continuou a medrar con máis de 6.500 topónimos incluidos na súa base de datos. Son na súa maioría microtopónimos do campo, nomes que se perderon co paso das xeracións ou que están en risco de desaparecer e que agora esta plataforma quere recuperar.
Preme AQUÍ para entrar na plataforma, bótalle un vistazo e qe queres participar, adiante!
FONTE: Laura M. Gómez/lavoz.es Imaxe: galicianomeada.xunta.ga
0 comentarios