GALAXIA "FEIXÓN VERDE"
A galaxia "feixón verde" J2240, na constelación de Acuario / CFHT/ESO/M. Schirmer
Unha rara galaxia que brilla intensamente en cor verde toda ela, iluminada pola luz residual do ámbito do burato negro que ten no seu centro, sorprendeu aos científicos. É un novo tipo galáctico que bautizaron de feixón verde (non confundir coas de chícharo verde, que xa se coñecían) e que dá pistas sobre o que sucede cando o burato negro se relaxa. A galaxia en cuestión (denominada J2240) está a uns 3.700 millóns de anos luz na constelación de Acuario. Os científicos, á vista desta gran rareza no universo, buscaron outros exemplares similares entre case mil millóns de galaxias rexistradas na base de datos SDSS (Rastreo Dixital do Ceo Sloan) e deron con outras 16 do mesmo tipo. E son tan pouco correntes, que os investigadores calcularon que cabe esperar a existencia dunha soa nun cubo de 1.300 millóns de anos luz de lado no universo, sinalan os expertos do Observatorio Gemini.
Os científicos bautizaron como feixóns verdes estas galaxias para distinguilas das de chícharo, que se coñecen dende 2007 e que son pequenas galaxias cun intenso proceso de formación estelar nelas, moi diferentes das agora descubertas.
As análises de J2240 desvelou a estes científicos outra rareza: O burato negro no seu centro parece moito menos activo do que cabería esperar dado o gran tamaño e o brillo da zona que ilumina. A conclusión á que chegaron é que, en realidade, o brillo verde que observan debe ser un eco, a radiación remanente, de cando o burato negro era moito máis activo. Co tempo, o brillo irase perdendo, pero ofrece unha oportunidade extraordinaria aos científicos para estudar o proceso no que se van apagando estes obxectos tan activos, o como, o cando e o por que.
FONTE: Xornal El Pais/Ciencia
0 comentarios