A LÁMPADA CENTENARIA
"Bombilla centenaria" / Imaxe:cienciados.com
Que unha lámpada leve acesa 110 anos non é normal, pois ao fin e ao cabo é un filamento incandescente, que facilmente se funde. A denominada "lámpada centenaria" leva lucindo, sen apenas interrupcións dende 1901. É unha lámpada de 60 W, aínda que a súa potencia non supera os 4, e atópase no cuartel de bombeiros número 6 de Livermore, California, iluminando coa súa palidez, 24 horas ao día, aos camións de bomberios non seu garaxe.
Que se saiba, a parte dalgún que outro apagamento na zona, a lámpada só deixou de lucir nunha ocasión, no ano 1976, cando a sede do cuartel dos bombeiros foi transladada ás novas instalacións. Para evitar desgustos, e ante o temor de que ao afloxala do seu casco a lámpada se rompera, os electricistas cortaron o cable polo san e o pequeno "tesouro" foi transportado ao seu novo destino con escolta policial e nun coche de bombebeiros. A interrupción apenas durou 22 minutos.
Os científicos pregúntanse como é posible que aguantase tanto tempo sen apagarse. Esta lámpada diferénciase de dúas formas dunha lámpada incandescente contemporánea. En primeiro lugar, o seu filamento é unhas oito veces máis groso que o dunha lámpada actual incandescente. En segundo lugar, ese filamento, posiblemente feito de carbono, é semicondutor".
A "lámpada centenaria", figura no Guinnes dos Records, foi soprada a man pola Shelby Electric Company , de Ohio, a finais da década de 1890 e doada despois polo dono desa compañía ao departamento de bombeiros en 1901.
0 comentarios