Facebook Twitter Google +1     Admin

10 CURIOSIDADES SOBRE A LÚA (VI)

Publicado: 04/11/2013 08:19 por vgomez en CURIOSIDADES
20131024172007-polvo-luna.jpg

O po que se encontra na superficie lunar é un material abrasivo, pegañento e pouco saudable / NASA

Dar un paseo pola Lúa non é tan idílico como amosan as fotos dos astronautas do programa Apolo . O po que se encontra na superficie lunar é un material abrasivo, pegañento e pouco saudable para respirar. Un equipo anglo-francés de científicos modelaron como este po afectará aos vehículos rover que enviemos de novo á superficie lunar (axencias espaciais de todo o mundo teñen plans para continuar a exploración da Lúa nas próximas dúas décadas), e cren que existe un grave risco de que rovers que se movan arredor da saída e o solpor poidan quedar envolvidos en po. O traballo foi do presentado na última Reunión Nacional de Astronomía que se celebra en St. Andrews (Reino Unido).

Os principais problemas asociados co molesto po son a súa abrasividade, a adherencia ás roupas e os equipos, a redución da visibilidade e o efecto sobre a saúde humana da inhalación das partículas de po. Os astronautas descubriron que o po se pegaba a todos os materiais, algo que podería ser fatal se dana sistemas de soporte vital.

Terán que telo en conta para a próxima visita ao noso satélite natural!

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.