Blogia
vgomez

2015: ANO INTERNACIONAL DA LUZ

2015: ANO INTERNACIONAL DA LUZ

Mosaico do Ano Internacional da Luz 2015 / SOCIEDADE EUROPEA DE FÍSICA

A Asemblea Xeral da ONU proclamou 2015 como Ano Internacional da Luz, coincidindo con varios aniversarios de descubrimentos na área dende hai mil anos e co obxectivo de destacar "a importancia das tecnoloxías baseadas na luz que poden promover o desenvolvemento sostible e ofrecer solucións aos problemas mundiais sobre enerxía, educación, agricultura e saúde", explica a Sociedade Europea de Física nun comunicado. Participarán nese ano conmemorativo a Unesco, sociedades e unións científicas, institucións educativas, plataformas tecnolóxicas, organizacións sen ánimo de lucro e socios do sector privado.

A iniciativa do ano da luz foi presentada, en novembro de 2013, por México.

Entre outras moitas actividades, en 2015 celebraranse os aniversarios de avances cruciais relacionados coa luz, como os traballos sobre óptica de Ibn Al-Haytham durante a idade de ouro do Islam, o concepto da luz como unha onda proposto por Auguste Jean Fresnel en 1815; a teoría electromagnética da propagación da luz proposta por James Clerk Maxwell en 1865, a teoría do efecto fotoeléctrico formulada por Einstein en 1905 e a curvatura da luz no espazo pola Teoría da Relatividade Xeral de 1915; é descubrimento da radiación cósmica de fondo por Arno Penzias e Robert Wilson en 1965 e os logros de Charles Kao ese mesmo ano, sobre a transmisión da luz por fibras para comunicación óptica.

O ano internacional conta co apoio de asociacións científicas internacionais e será administrado por un comité directivo en colaboración co programa Internacional de ciencias Básicas daUnesco e unha secretaría no Centro Internacional de Física TeóricaAbdus Salam (ICTP). Ademais, conta co apoio da Sociedade Europea de Física, a Sociedade Internacional para a Óptica e a Fotónica(SPIE), a Sociedade Óptica (OSA), a Sociedade de Fotónica (IEEE), a Sociedade Americana de Física e a rede lightsources.org.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

0 comentarios