QUE SON AS CARNES PROCESADAS E AS CARNES VERMELLAS?
Embutidos e carnes vermellas / Imaxe: elpopular.pe
O pasado luns, día 16, a OMS, fixo público un ditame no que un Grupo de Traballo de 22 expertos de 10 países clasificou o consumo de carne procesada como carcinógeno para os humanos (Grupo 1) e o de carne vermella como probablemente carcinógeno para os humanos (Grupo 2A).
A alarma está servida, pero que se entende por carne procesada?
Ese estudo considera carne procesada "calquera tipo de carne que foi transformada con sal, curación, fermentación, afumado, para mellorar o sabor e preservar o alimento". Isto inclúe salchichas, algunhas hamburguesas de carne picada e tamén embutidos, desde o peor chourizo ao mellor xamón. Aínda que a maioría destes produtos son de carne de vaca ou porco, este grupo tamén inclúe embutidos feitos con sangue, carne picada de ave ou vísceras.
E que se entende por carne vermella?
A OMS considera carne vermella a que provén do músculo dun mamífero, o que inclúe vacún, cordeiro, porco, cabalo e cabra.
Entón debemos de deixar de comer a carne vermella? Non, pois contén nutrientes esencias. O que si podemos é reducir o seu consumo, ampliando, pola contra, o de peixe, ou substituila por carne de polo, coello ou pavo.
En resumo, calma, e volver á dieta mediterránea, coa máxima variedade de productos, con moitas verduras, pescado e carnes blancas.
Os excesos sempre foron malos!
FONTE: Xornal El País/Ciencia
0 comentarios