Blogia
vgomez

O VOO SINCRONIZADO DOS IBIS

O VOO SINCRONIZADO DOS IBIS

Cinco Ibis eremitas voan en formación / Markus Unsöld (AP/NATURE)

Os ibis voan en bandada con tal precisión de movementos que deixaron pampos un grupo de científicos do Royal Veterinary College de la Universidad de Londres (Reino Unido). Nun estudo da revista Nature , o equipo de investigadores mediu cada aletada de 14 aves durante 43 minutos. Quedaron "asombrados" polo grao de control dos animais sobre os seus movementos e os dos compañeiros.

Estas aves, como os pelicanos, as gansas e outras especies que migran en bandada, voan formadas en V e axitan as ás por orde: Primeiro a ave situada no pico da V (por diante da bandada), e as que a seguen, unha detrás doutra, de forma gradual. Os científicos cren que así, as correntes de aire creadas polas de diante son aproveitadas polas de detrás para aforrar enerxía, cunha exquisita precisión de ritmo. O voo pódese visualizar como unha onda permanente; dúas aves separadas pola distancia xusta dunha onda teñen as ás na mesma posición exacta durante o voo.

O equipo, composto por investigadores británicos, alemáns e austríacos, estudou un grupo de aves da especie
Ibis eremita, criados en catividade no Zoo de Vienna. Estes ibis aprenderon a seguir os seus criadores humanos nunha avioneta, o que permitiu aos científicos vixiar a súa ruta migratoria ata Italia, onde pasan o inverno. Cada paxaro levaba un aparato de GPS e outro que mide a aceleración do aleteo no lombo.

Comprender como os voos en grupo permiten aforrar enerxía a estas aves podería axudar á industria aeronáutica, especialmente para máquinas como drones e ornitópteros (avións cuxas ás se moven de forma similar ás dos paxaros).

FONTE: Xornal El País/Ciencia 

0 comentarios