AVES RARAS: O KAGU

O kagu, coa súa fermosa plumaxe cincenta / Roger Le Guen
O kagu (Rhynochetos jubatus) é unha ave non voadora de incrible aspecto debido á súa sorprendente plumaxe branca cincenta, o que lle valeu o nome do "fantasma da selva". O único representante de toda unha familia taxonómica, ten unha gran crista, patas longas e unha "chamada" peculiar, que se pode escoitar a máis dunha milla de distancia. É endémica de Grand Terre, a illa máis grande de Nova Caledonia. Encóntrase en perigo pola perda do seu hábitat natural e a depredación de cans domésticos, gatos e porcos.
FONTE: Xornal abc/ciencia
0 comentarios