ASÍ SUFRIRÁ ESPAÑA O DESXEO DO ÁRTICO A FINAIS DO SÉCULO
Para evidenciar os posibles efectos que o cambio climático e o desxeo do Ártico poderían ter en España, Greenpeace simulou en catro imaxes fotográficas como o aumento das temperaturas, a suba do nivel do mar ou as super-tormentas afectarían a importantes sectores socioeconómicos, como a industria do viño ou o turismo.
A galería de imaxes que presenta Greenpeace, elaborada polos fotógrafos Pedro Armestre e Mario Gómez, é unha prospección de futuro "ficcionada" de como poderían verse afectados catro puntos icónicos (Marbella, Benidorm, Donosti e un viñedo do nordés peninsular) se non se frea o cambio climático e o Ártico desaparece.
Catastrofismo? As evidencias cada día son máis claras. Tomemos este asunto en serio e poñamoslle remedio!
FONTE: www.greenpeace.es
0 comentarios