Blogia
vgomez

AS EMISIÓNS DE GASES EFECTO INVERNADOIRO DISPÁRANSE

AS EMISIÓNS DE GASES EFECTO INVERNADOIRO DISPÁRANSE

Gases efecto invernadoiro / Imaxe:efimarket.com

As emisións globais de gases de efecto invernadoiro aumentaron ata niveis sen precedentes a pesar dos esforzos mundiais para reducilas. A terceira, e última, parte do informe de referencia sobre cambio climático emitido cada sete anos por Nacións Unidas revela que a emisión debida á actividade humana destes gases causantes do quentamento do planeta medrou máis rápido entre os anos 2000 e 2010 que en calquera das tres décadas anteriores.

Non obstante, segundo o informe sobre as posibles vías para mitigar os efectos do quentamento realizado polo terceiro grupo de traballo do Panel Intergobernamental para o Cambio Climático de Nacións Unidas ( IPCC) e recén presentado en Berlín, é posible limitar este incremento das emisións usando unha ampla variedade de cambios de comportamento e medidas tecnolóxicas para limitar o incremento de temperatura global a dous graos como máximo en 2100 con respecto aos niveis preindustriais.

Na última década, as emisións aumentaron 10 xigatoneladas de CO2 equivalente, máis que en calquera década anterior dende a era preindustrial, segundo o informe. E o aumento provén principalmente do sector enerxético (47%), a Industria (30%) e o transporte (11%). Estes son os sectores nos que se deben centrar os esforzos de mitigación se de verdade se quere limitar o aumento de temperatura a 2 graos centígrados para o ano 2100, como se acordou no Cumio do Clima de Cancún.

O informe, chamado Cambio Climático 2014: Mitigación do Cambio Climático, analizado 1.200 escenarios posibles para o futuro e as súas conclusións varían en función das decisións políticas internacionais en lso próximos anos. Segundo o documento, se se quirere limitar o aumento de temperatura global a 2 graos centígrados para final de século, habería que reducir as emisións globais de gases de efecto invernadoiro entre un 40% e un 70% para 2100 con respecto ás emisións do ano 2010.

Os expertos non pasaron de puntillas sobre o custo económico que tería unha política de mitigación global como a que na súa opinión é necesaria para limitar o aumento de temperatura. Segundo os investigadores do IPCC, non só é necesario investir en fontes de enerxía de baixa ou nula emisión de CO2, senón que é preciso extraer carbono da atmosfera. Deixar a concentración de CO2 na atmosfera en 450 partes por millón (ppm) para final de século (na actualidade roza as 400 e o seu ritmo de aumento actual é dunhas 10 ppm cada ano), o que se consideraría o nivel de seguridade, implicaría unha redución da taxa de aumento do consumo global dun 0,06% cada ano.

As reaccións dos grupos ecoloxistas e de xustiza social non se fixeron esperar sinalando a necesidade internacional de adoptar unha postura clara e decidiron canto antes. "O IPCC non deixa dúbidas non só de que é posible actuar contra o cambio climático, senón tamén de que é beneficioso e alcanzable. Se actuamos agora, os custos serán só unha pequena fracción das economías mundiais.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

0 comentarios