Facebook Twitter Google +1     Admin
20151012091757-lagosta-e-gambas.jpg

Lagostas e gambas / Imaxe:es.dreamstime.com

Copiar á natureza foi e segue sendo un dos principais motores da ciencia. A ciencia aínda busca na natureza a súa fonte de inspiración. Hoxe a terceira entrega dunha serie de proxectos de enxeñería baseados no medio natural: Plásticos feitos de gambas e outros crustáceos.

Gambas e lagostas son crustáceos dos máis populares. Con todo, as cunchas e cascas sobrantes procedentes da industria do marisco están a converterse nun problema crecente polas súas implicacións na saúde e no impacto ambiental. Só en Europa, a organización FAOSTAT (a división de estatística da Organización Mundial para a Alimentación e a Agricultura) estima que se producen cada ano máis de 750.000 toneladas de restos de crustáceos.

En moitos países asiáticos, estes restos convértense en quitosano, un composto valioso comercialmente, con moitas aplicacións que van desde o uso como biopesticida a solucións biomédicas. O problema é que as cunchas dos crustáceos europeos conteñen máis carbonato cálcico, o que fai inviable o enfoque dos asiáticos.

Agora, un proxecto europeo de investigación chamado ChiBio, desenvolvido polo instituto Fraunhofer (Alemaña), pretende converter os restos dos crustáceos nos ladrillos básicos (ou monómeros) que servirían de precursores de plásticos. Será a futura alternativa aos plásticos derivados do petróleo? O tempo o dirá.

FONTE: Revista Consumer

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.