PRIMEIRA ESPECIE EXTINTA DE 2020
Un peixe remo xigante chino atopado preto do encoro de Gezhouba en 1993 / Science
O ano 2020 abre as súas portas coa confirmación alarmante dunha nova especie extinguida: o peixe remo xigante chinés de ata sete metros de longo. O animal, Psephurus gladius, vivía no río Yangtsé, o terceiro máis longo do mundo con máis de 6.300 quilómetros e o berce de máis de 400 especies distintas. Desde 2009, o chamado "rei dos peixes de auga doce" non dá signos de vida, pero os científicos esperaron a ter probas máis claras antes de dalo por perdido.
Un estudo publicado recentemente na revista Science of the Total Environment explica que a especie sufriu un claro descenso desde 1970 como resultado dunha sobrepesca e a fragmentación do seu hábitat. Ademais, en 1981, os seres humanos construíron un encoro (Gezhouba Dam) que bloqueou os hábitos migratorios do animal que necesita nadar río arriba para reproducirse e baixar de novo para alimentarse. E as datas coinciden. Entre 1981 e 2003, observouse tan só 201 veces á especie (e o 95,2% antes de 1995) que desde 1996 está declarada en perigo de extinción, segundo a lista vermella da Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
En 2003, outro encoro, o das Tres Gargantas, foi construído e empeorou a situación ata acabar cos últimos exemplares do peixe remo que, en balde, buscaban novos lugares de incubación. Foi o ano no cal se confirmou o último avistamento. O estudo dos investigadores do laboratorio de Conservación da Biodiversidade en Auga doce do Ministerio de Agricultura e Asuntos Rurais da República Popular China confirma que a especie desapareceu por completo e probablemente entre 2005 e 2010. Durante unha análise exhaustiva por toda a rexión, os expertos identificaron a 322 especies de peces distintas e ningunha delas, "nin sequera un só espécime", era un peixe remo.
A zona do río Yangtsé viuse sometida a un intenso desenvolvemento económico desde os anos 50, con máis de 40 cidades ao longo das súas beiras. Produce, neste momento, o 40% do PIB (Produto Interior Bruto) de China e sostén un terzo da súa poboación, segundo datos do estudo. Por culpa deste crecemento en favor do benestar humano, o dos animais foise esquecendo. Máis de 70 animais acuáticos están clasificadas como especies en protección a escala nacional ou internacional. Baixo tanta presión industrial e debido á contaminación das augas, o ecosistema do río Yangtsé podería colapsar, segundo conta o estudo cuxo principal obxectivo é optimizar os esforzos de conservación cara a unha fauna que o necesita con urxencia.
Tras esta desaparición e a da zamborca chinés en 2015, o goberno do país asiático prohibiu a pesca comercial durante 10 anos, pero segue sen ser suficiente.
Non será a única especie en desaparecer, lamentablemente!
FONTE: Agathe Cortes/elpais.com/biodiversidade
0 comentarios