POR QUE NON PERCIBIMOS O MOVEMENTO DA TERRA?
"E pur se muove" (e con todo, móvese). Estas serían as palabras que, como un rumoreo inaudible, Galileo Galilei pronunciaría ao dar por finalizada a súa lectura da abxuración da versión heliocéntrica do mundo diante da Inquisición, en xuño de 1633. Apócrifas ou non, isto sería outro tema de debate, a divisa axústase á perfección ao científico italiano.
Neste momento ninguén dubida que a Terra vira en torno ao sol e que, ademais, faio acompañado doutros sete planetas e máis de cen lúas, a diferentes velocidades e trazando órbitas desiguais. O debuxo do conxunto aseméllase a unha nube de paxaros revoloteando ao redor dunha fonte luminosa.
Ademais do movemento traslacional, o noso planeta dá unha volta completa sobre o seu eixo unha vez ao día (exactamente cada 23 horas 56 minutos e 4 segundos), describindo unha órbita elíptica nun sentido oeste-leste, é dicir, inverso ás agullas do reloxo.
Se non houbese rotación terrestre o día duraría seis meses e a noite outros seis, ademais de que o noso planeta deixaría de estar achatado polos polos e converteríase nunha esfera case perfecta.
Por outra banda, sabemos que o núcleo terrestre, composto fundamentalmente por ferro, rota algo máis rápido que o manto e a codia terrestre, un fenómeno coñecido como «super rotación».
Agora ben, a velocidade á que se move a Terra non é igual en todas as partes do mundo, depende da localización xeográfica, de forma que as rexións ecuatoriais teñen a velocidade de rotación máis alta, a cal diminúe a medida que nos achegamos aos polos terrestres.
Isto explica por que os científicos decidiron lanzar os foguetes preto do ecuador e en sentido leste, xa que desta forma son capaces de maximizar o uso da velocidade da Terra.
Coñecido o radio terrestre é fácil calcular a velocidade no ecuador (1.666 Km/h) e en calquera lugar do planeta. Desta forma, e tras un sinxelo cálculo, podemos saber que os habitantes de Madrid (cidade que se atopa a uns 40º de latitude) móvense a 1.275 Km/h. En Román paladino, cada hora viaxamos, sen decatarnos, a máis de mil quilómetros de distancia.
O movemento do noso corpo percibímolo grazas a un sistema no que participan, de forma simultánea, a visión, o oído e os sensores musculares, articulares e cutáneos. A combinación de toda a información é integrada no sistema nervioso central, desde onde se emiten as ordes oportunas para manter o equilibrio corporal.
O encargado de detectar os xiros no noso corpo é o sistema vestibular localizado no oído, o cal ten un limiar de detección próximo a 2º por segundo. Pois ben, e aquí está a clave, a pesar de que a velocidade do noso planeta é de vertixe, como vimos, a súa velocidade de xiro é moi pequena: 0,25º por minuto, ou o que é o mesmo 0,0042º, é dicir, atópase por baixo do limiar do noso sistema vestibular.
Polo mesmo motivo tampouco percibimos a velocidade cando viaxamos nun avión ou nun tren de alta velocidade, non notamos que se están movendo salvo que se produza unha aceleración ou deceleración brusca.
A Terra vira xunto coa atmosfera que a rodea, de forma que o aire non queda atrás a medida que vira, debido a que en caso contrario habería un vento constante. Sería preciso viaxar ata o 200 Km de altitude, onde a atmosfera deixa de existir e comeza o espazo, para poder apreciar o xiro terrestre.
FONTE: Pedro Gargantilla/abc.es/ciencia Imaxe: etnoeducadores1014.blogspot.com
0 comentarios