Blogia
vgomez

CANTO SABES DE ARXENTINA? XV

Continúo coa serie adicada a Arxentina, oficialmente denominada República Arxentina, un país soberano de América do Sur, situado no extremo sur e sueste de devandito subcontinente, e ao que nos une moitos lazos, como ser considerada a quinta provincia galega pola emigración dos galegos a ise país.

A contestación correcta á pregunta de onte é Jorge Rafael Videla. Este militar arxentino ocupou de facto a presidencia do seu país entre o 1976 e o 1981. Chegou ao poder nun golpe de estado que derribou á presidenta María Estela Martínez de Perón, exercendo unha cruel ditadura. O seu mandato estivo marcado por violacións dos dereitos humanos e por un conflito fronteirizo con Chile, que estivo a punto de virar en conflito armado. Despois da restauración da democracia, foi xulgado e condenado a prisión perpetua e perda do rango militar por varios crimes cometidos durante o seu goberno. Lamentablemente non foi o único presidente de facto deste país!

E imos coa pregunta de hoxe!

15. Cal é o actual Presidente/a de Arxentina?

- Mauricio Macri

- Cristina Fernández de Kirchner

- Alberto Fernández

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: elperiodico.com/es

0 comentarios