CANTO SABES DE ARXENTINA? XIV
Continúo coa serie adicada a Arxentina, oficialmente denominada República Arxentina, un país soberano de América do Sur, situado no extremo sur e sueste de devandito subcontinente, e ao que nos une moitos lazos, como ser considerada a quinta provincia galega pola emigración dos galegos a ise país.
A contestación correcta á pregunta de onte é Sede do Poder Executivo da República Arxentina. A Casa Rosada é a sede do Poder Executivo da República Arxentina, e está situada no centro-histórico da cidade capital federativa de Buenos Aires, na rúa Balcarce 50, no barrio de Monserrat, fronte á histórica Praza de Maio. Dentro da mesma atópase o despacho do presidente da Nación Arxentina e das súas distintas secretarías, e do Xefe de Gabinete de Ministros. Alberga ademais o Museo da Casa de Goberno, con obxectos relacionados cos presidentes do país. En 1942 foi declarada Monumento Histórico Nacional.
E imos coa pregunta de hoxe!
14. Na seguinte lista de presidentes arxentinos, hai un que foi presidente de facto durante as dictaduras arexntinas. Cal é?
- Juan Domingo Perón
- Jorge Rafael Videla
- Raúl Alfonsín
- Carlos Menem
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: es.wikipedia.org
0 comentarios