Blogia
vgomez

ANIMAIS RAROS II

Continúo coa serie animais raros, ises seres de inconcibible aparencia, pero que son animais reais como a vida mesma e habitan no noso mundo.

2. Peteirozapato (Balaeniceps rex)

O peteirozapato ten un desmesurado peteiro con forma de sola / Imaxe: Olaf Oliviero Riemer/bbvaopenmind.com

Unha especie de  pelícano chegado directamente de Parque Xurásico. Esa sería unha acertada descrición para o peteirozapato, cuxo nome alude ao desmesurado e aterrador peteiro con forma de sola que ostenta. É o terceiro máis longo entre as aves, o de maior circunferencia e está rematado cuns afiados bordos que lle serven para decapitar ás súas presas antes de tragarllas enteiras. Usualmente son peixes, pero tamén roedores, serpes e ata crías de crocodilo. Vive en África oriental tropical en grandes pantanos dende Sudán a Zambia.

Pero ademais do peteiro, este integrante da orde dos pelecaniformes (que pode medir ata metro e medio e pesar case 10 quilogramos) tamén conta cuns pés anormalmente grandes, que lle permiten manterse ergueito e facendo a estatua sobre a vexetación acuática das marismas africanas nas que moura. Así escruta as inmediacións para detectar ás súas presas. E unha vez detectadas, abalánzase sobre elas mergullando a cabeza enteira baixo a auga e atrapando co seu pico todo o que atopa ao seu paso. Ao emerxer, sacode a cabeza violentamente a ambos os dous lados para expulsar todo aquilo que non lle interesa (algas, lodo, etc) e quedar co seu trofeo, que engole dun golpe tras degolalo.

Aínda por riba, e aínda que non adoita facelo, é moi capaz de voar grandes distancias grazas á envergadura das súas ás, que lle permiten planear durante moitos momentos…  e tamén saír da súa xurásica illa de ficción?

Mañá outro animal raro!

FONTE: www.bbvaopenmind.com/ciencia/biociencias

0 comentarios