Blogia
vgomez

AS FOGUEIRAS OU MINIERUPCIÓNS DO SOL

AS FOGUEIRAS OU MINIERUPCIÓNS DO SOL

Mosaico coas imaxes tomadas pola nave Solar Orbiter a 77 millones de quilómetros de distancia / ESA/NASA

Mentres na Terra enfrontámonos á maior pandemia das últimas décadas, unha nave espacial estivo viaxando rumbo ao Sol. Solar Orbiter despegou o pasado 10 de febreiro, xusto cando empezaban a notificarse os primeiros casos de coronavirus en Europa, e agora, tras catro meses de comprobacións técnicas, ofrece as imaxes máis próximas da nosa estrela tomadas ata o de agora.

Unhas imaxes que, segundo explicaron os responsables desta misión conxunta da Axencia Espacial Europea (ESA) e a NASA, permitiron observar un fenómeno que non fora visto ata o de agora preto da superficie da nosa estrela. Trátase de innumerables minierupcións solares, chamadas de maneira informal fogueiras.

Detalle da superficie do Sol. A frecha amosa unha destas fogueiras ou minierupcións / ESA/NASA

Ao longo da misión, investigarán se estas fogueiras son versións en pequeno desas grandes fulguraciós ou se orixinan por mecanismos diferentes. Unha das hipóteses, é que esas minierupcións poderían contribuír a un dos fenómenos máis enigmáticos da nosa estrela: o quecemento da coroa solar. Trátase da capa máis externa da atmosfera do Sol, e a pesar diso, é un auténtico inferno: a súa temperatura supera o millón de graos mentres que a superficie do Sol, que en teoría debería ser máis calorosa, só está a 5.500 graos.

FONTE: Teresa Guerrero/elmundo.es/ciencia

0 comentarios