Facebook Twitter Google +1     Admin

UNHA GRANDE TORMENTA EN SATURNO

Publicado: 09/02/2014 11:26 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20140204220834-churning-atmosphere-on-saturn-node-full-image.jpg

Grande tormenta en Saturno / NASA/JPL-Caltech/SSI/Hampton University

Esta imaxe da sonda internacional Cassini   móstranos o albor dunha gran tormenta en Saturno , como unha pincelada sobre a súa atmosfera. Esta tormenta empezou a formarse en decembro de 2010, e aquí podemos ver o aspecto que tiña o 6 de marzo de 2011.

A fronte da tormenta atópase á esquerda da imaxe, onde se pode distinguir unha maior turbulencia representada en cor branca. No centro aprécianse as pegadas dun vórtice que se está a formarse.

As cores desta imaxe, centrada sobre unha posición a 0° de lonxitude e 35° de latitude norte, alteráronse para estudar os complexos procesos da meteoroloxía do planeta. O branco indica as cotas de nubes máis altas. Para o ollo humano, esta tormenta veríase como unha área brillante sobre un fondo amarelo.

A sonda Cassini mediu a temperatura da tormenta, e detectou un rápido incremento cando se empezou a liberar enerxía na atmosfera.

A tormenta medrou tanto que se acontecese na Terra cubriría toda Europa. As perturbacións atmosféricas desta magnitude prodúcense unha vez ao ano en Saturno, o equivalente a uns 30 anos terrestres. Este evento en particular sorprendeu aos científicos, xa que se produciu durante a primavera do hemisferio norte e non durante o verán, que é a tempada máis típica para as tormentas.

A misión Cassini-Huygens é un proxecto conxunto da NASA, a ESA e a axencia espacial italiana, ASI. O laboratorio JPL, unha división do Instituto de Tecnoloxía de California en Pasadena, é o responsable de xestionar a misión para o Directorado de Misiones Científicas da NASA, con sede en Washington DC.

FONTE: ESA/España

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next