NOVA ESPECIE DE BALEA PICUDA: BERARDISU MINIMUS
Ilustración que compara a nova especie B. minimus (A) e a balea picuda de Baird ( B. bairdii) ( B) / Tadasu K. Yamada e col., Scientific Reports
Os baleeiros da illa de Hokkaido, no norte de Xapón, levan tempo avistando unhas misteriosas baleas distintas ás demais. Chámanas corvos porque son completamente negras, teñen o corpo moito máis pequeno e en forma de fuso, e un pico máis curto. Estas descricións levaron a un equipo científico a iniciar a procura do enigmático animal. E en efecto, comprobaron que as historias dos pescadores locais eran máis que lendas.
Os investigadores da Universidade de Hokkaido confirmaron a existencia dunha nova especie de balea picuda á que chamaron Berardius minimus. As súas características físicas distínguena claramente das outras dúas especies do mesmo clado coñecidas.
Seis especímenes desta especie descoñecida estudáronse en termos da súa morfoloxía, osteología e filogenia molecular. Os resultados, publicados na revista Scientific Reports, mostraron que a lonxitude corporal dos individuos fisicamente maduros é claramente menor que a de balea picuda de Baird (B. bairdii): 6,2 - 6,9 m fronte a 10 m. As medicións craniais detalladas e as análises de ADN salientaron aínda máis a diferenza significativa das outras dúas especies coñecidas. Debido a que ten o tamaño corporal máis pequeno do xénero, os investigadores nomearon á nova especie B. minimus.
Con todo, B. minimus segue sendo unha incógnita para os científicos. "Aínda non sabemos como son as femias adultas, e aínda hai moitas preguntas relacionadas coa distribución de especies, por exemplo. Esperamos continuar expandindo o que sabemos sobre esta balea", indican os autores do estudo.
O motivo polo que o novo cetáceo non fora atopado ata o de agora é que estes animais prefiren as augas oceánicas profundas e teñen unha gran capacidade de mergullo, o que as fai difíciles de ver e comprender de maneira adecuada
Os baleeiros locais de Hokkaido refírense a algunhas baleas na rexión como «karasu» (corvo). Con todo, aínda non está claro se B. minimus (ou Kurotsuchikujira, como se lle chama en xaponés) e «karasu» son a mesma especie ou non. O equipo de investigación especula con que é posible que o corvo sexa outra especie diferente. O achado pon de relevo os enigmas que aínda garda o océano.
FONTE: abc.es/ciencia
0 comentarios